GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

Trevinca - Valdeorras

Montaña Ourensana

O teito da Galiza atópase neste xeodestino, no cumio de Pena Trevinca de 2127 msnm. Os seus montes son un espazo natural protexido, conta con lagoas glaciares e frondosos bosques como o Teixadal de Casaio, un dos meirandes bosques de Teixos de Europa. Diferentes rutas de sendeirismo adéntrannos a coñecer os encantos naturais desta Serra da Segundera. Outro espazo natural de visita imprescindible é o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra que linda con León. Estos lugares fan deste xeodestino un paraíso para montañeiros e amantes da natureza. Tamén impredible para as interesadas na astronomía, considérase a Trevinca como unha das destinacións Starlight da Península.

Os valores naturais partillan protagonismo con outra coñecida D.O ourensana, os viños de Valdeorras, caldos que fan ben coñecida a esta comarca valdeorresa. Os seus viños máis emblemáticos son o godello e o mencía, cultivados nun fértil val formado polas augas do río Sil. Outros productos gastronómicos dos que presume este xeodestino son o mel, dos mellores de Galicia, e a versátil castaña.

En canto ao patrimonio cultural, cabe salientar o impresionante santuario de As Ermidas, encaixado no fundo val do río Bibei, de estilo barroco, agochado nun incógnito bosque autóctono. Visita obrigada para quen se achegue á terra de Trevinca – Valdeorras.

Ti elixes como queres descubrir Trevinca – Valdeorras, polos cumios ou polos vales.