GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

Quen son?

Chámome Gema, recoñezo que son unha persoa curiosa e tamén aventureira, góstame atopar sendeiros novos nos que poder botar un bo rato observando a fachada dunha igrexa ou ás formigas traballando.
Deseñar e guiar roteiros por cidades, monumentos, pobos ou polo campo, é a maneira na que consigo combinar a miña formación co que me gusta e o que se me da ben, por esto me dedico a ser Guía Cultural e Turística. Poño o cerebro a funcionar coma unha Máquina do Tempo coa que viaxo polas Historias de Galicia, recollendo os fíos que unen os pasados cos presentes, para despois tecer relatos nos que se combinan o camiñar co coñecer.

Chegar ate este proxecto é parte do meu camiño persoal; estou Licenciada en Historia ca especialidade en Arqueoloxía, ademáis ampliei tamén coñecementos no mundo da Arquivística e Paleografía, como son persoa inquieta e creativa adquirín a formación de Monitora de Ocio e Tempo Libre, gosto de viaxar e comunicarme así que estudo Inglés e Italiano na Escola Oficial de Linguas (nivel B2 nas dúas linguas), para rematar de definirme profesionalmente cursei o ciclo superior de Guía, información e Asistencia Turística, grazas ao que adquirín a acreditación como Guía Oficial de Turismo de Galicia. O estudo das técnicas de Intepretación do Patrimonio axúdame a combinar diferentes ingredientes para cociñar roteiros suxerentes, provocadores, amenos e respetuosos co patrimonio cultural e natural.

Adoro camiñar e para perfeccionarme no guiado de sendeiros adquirín a formación de Técnico Deportivo Nivel 1 Media Montaña.

Traballando con paciencia, consciencia, coidado e amor, vaise creando un tear de roteiros culturais, actividades na natureza, obradoiros formativos, excursións temáticas, obradoiros para crianzas e adultos...

Gustaríame partillar as historias e lugares que coñezo contigo, podes partillar esta experiencia ca túa familia, amigas e amigos, compañeiras de escola e de traballo, co teu peludo... con quén queira que escollas para pasar unha xornada especial. Ao fin e ao cabo os roteiros de Viratempos existen cando alguén se decide a abrir o seu corazón e sentidos para vivilos.