POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

1. A quen lle estou a dar os meus datos?

Se contratas os meus servizos, utilizas o formulario de contacto desta web ou te pos en contacto comigo por calquera outro medio, é posíbel que teñas que facilitarme datos persoais  dos que es titular (como por exemplo o teu nome, o teu e-mail ou o teu teléfono). En contrapartida eu, como responsábel do tratamento, estou obrigada a facilitarche os meus datos identificativos. Por favor, toma nota deles por se nalgún momento necesitas exercer algún dos teus dereitos:

Responsábel: Gema Seara
NIF: 34982961-F
Enderezo: Vilarchao 54, 32152 Coles (Ourense)
Correo electrónico: info@gema-seara.com

2. É lexítimo este tratamento de datos?

  • Se contratas os meus servizos, o tratamento que farei dos seus datos persoais é lexítimo na medida en que sexa necesario para poderche ofrecer correctamente eses servizos (Art. 6b. do  Regulamento xeral de Protección de Datos da UE).
  • Se te pos en contacto comigo, o uso que fago do teu número de teléfono ou do teu enderezo de e-mail ten a única finalidade de responder a túa consulta, e é legal con base no meu interese lexítimo (Art. 6f. do RXPD).
  • Se temos unha relación contractual previa, tamén estará baseado no meu interese lexítimo o tratamento dos teus datos para enviarte información sobre servizos que eu ofreza e que sexan semellantes aos que me teñas contratado.
  • Para realizar outro tipo de tratamentos, solicitarei sempre previamente o teu consentimento explícito, polo que o tratamento será lexítimo con base no artigo 6.a do RXPD

3. Quen mais vai ter acceso aos meus datos?

Non cederei os teus datos persoais a ninguén, pero debes ser consciente de que, ao utilizar o formulario da miña web ou escreberme un e-mail, a nosa conversa ficará rexistrada nos servidores de Hostinger, a empresa á que lle teño contratado o aloxamento da web e do servizo de e-mail. A súa política de privacidade é esta: https://www.hostinger.es/privacidad

4. Ate cando conservarás os meus datos persoais?

Por regra xeral, deixarei de tratar os teus dados persoais no momento en que deixen de ser necesarios para o fin para a que foron recollidos (responder unha consulta, xestionar o servizo contratado, ou outras). Porén, ten en conta que a lei me obriga a conservar algunhas categorías de datos por un período determinado de tempo (por exemplo, a lexislación fiscal obrígame a conservar os datos contidos nas facturas por un período de 5 anos).  Neses casos, os teus datos serán conservados de forma segura, e eliminados cando vencer a obriga legal de conservalos.

5. Que dereitos teño?

Porque estou a tratar os teus datos, es titular dos seguintes dereitos, que podes exercer dirixíndote a min no enderezo electrónico arriba indicado:

  • Dereito de acceso: Tes dereito a que che diga se estou a tratar ou non os teus datos persoais, que tipo de datos son, con que fin, ate cando vou facelo, ou a que destinatarios llo teño cedido. Tamén tes dereito a recibir unha copia dos datos persoais que che concirnen.
  • Dereito de rectificación: Tes dereito a que rectifique ou complete os datos persoais que sexan incorrectos ou inexactos.
  • Dereito de supresión: Tes dereito a que elimine dos meus ficheiros os teus datos persoais cando deixen de ser necesarios para o fin para o que foron recollidos.
  • Dereito de limitación:  Tes dereito a que, sen seren suprimidos, deixe de tratar os teus datos persoais (excepto a conservación) nalgúns supostos contemplados pola lei.
  • Dereito de oposición: Tes dereito a oporte a que, con base no meu interese lexítimo, trate os teus datos persoais para fins distintos a aqueles para os que foron recollidos (como por exemplo comunicacións informativas).
  • Dereito de portabilidade: Tes dereito a que che entregue nun formato estruturado os datos persoais que trato con base no teu consentimento ou na execución dun contrato, a fin de que tu podas comunicarllos a un responsábel de tratamento distinto.
  • Se consideras que os teus dereitos en relación ao tratamento que fago dos seus datos persoais foron vulnerados, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies