COUTO MIXTO (ROTEIRO DE SENDEIRISMO)

Antigo territorio independente de 700 anos de historia situado na Raia Seca (fronteira entre Galicia e Portugal). As tres aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus xuntaron nos seus mellores tempos case 1000 habitantes, hoxe en día están case despoboadas. Este roteiro circular conecta as tres aldeas, seguindo tamén un tramo do Camiño Privilexiado que unía o Couto Mixto con Tourém en Portugal. Sobre o montañoso val do río Salas técese a interesante historia desta república esquecida.

  • 5 horas (roteiro completo) 9 km Circular
  • Dificultade baixa-media
  • Roteiro ideal para realizar na compaña da túa cadela/o
  • Pode realizarse completa ou por tramos, posibilidade de facer desplazamento en carro ou microbús. Recoméndase levar abastecemento

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema o enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies