Este é o destino de interior máis famoso de Galicia. Inmenso territorio definido polos canóns dos ríos Miño, Sil, Cabe e Bibei. Integrado por 26 concellos repartidos entre as provincias de Lugo e Ourense.
Defínese polo seu impresionante entorno natural, pola elevada presenza de importantes mosteiros e igrexas medievais e polos saborosos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Ademáis de polos kilómetros e kilómetros de sinuosas estradas ou fantásticas rutas de sendeirismo.
Describir a Ribeira Sacra nunhas liñas é prácticamente imposible. Contar ca planificación adecuada, un bo asesoramento e escoller a compaña dunha guía experta, asegurará unha boa inmersión neste territorio cheo de lugares sorprendentes.
Este destino reúne todos os requisitos para tocarche o corazón e en Viratempos estaremos encantadas de acompañarte e axudarte a conectar ca esencia deste microuniverso.






