Duración da visita adaptada ás diferentes necesidades e preferencias do cliente. Recoméndase unha visita de 2 horas de duración.
Vigo é un dos principais motores económicos e industriais da galiza. Cidade aberta ao Atlántico, onde o océano é paisaxe e fonte de vida. Os principais sucesos históricos xiran en torno á presenza da famosa ría, protexida polas Illas Cíes.
A orixe de Vigo, o seu desenvolvemento histórico e o seu activo presente, conviven perfectamente no centro urbano onde o antigo Castro domina o crecemento urbano cara o mar.
Rúas con historia, fermosa arquitectura contemporánea, dinamismo e vida. Vigo agarda para ser descuberto e vivido.


