Co cambio do século XIX ao XX a vella cidade racha cas súas lindes medievais e acolle a chegada do progreso e o modernismo.
As principais familias do momento queren vivir en casas que sexan reflexo da prosperidade dos novos tempos, transformando o urbanismo da cidade a través de novas prazas, negocios e fermosos edificios de coidado deseño.
A mocidade intelectual recupera o amor á terra e xúntanse na creación do grupo "Nós", cultivando a lingua, a historia, a etnografía, a arqueoloxía, a política...
Dende a arquitectura e o pensamento cocíñase un dos legados históricos máis importantes desta cidade, daquelas coñecida como "A Atenas Galega".
Visita con interese literario.
Visitia con interese arquitectónico.
Duración:
- 2 horas
Percorrido:
- Ampliación decimonónica de Ourense: Comezo do percorrido polo Parque de San Lázaro, dende a rúa do Paseo dirixímonos cara ao centro histórico da cidade, perséguense algunhas das rúas e prazas do Centro Histórico para poñer en valor a arquitectura actual de principios do século XX, ou as casas de nacemento de escritores relevantes da Galicia de principios do século pasado. A visita remata no Parque de San Lázaro.
Prezo: 20 € por persoa (ata 5 persoas)
- Desconto para grupos de 6 persoas
- Desconto para grupos de estudantes


