GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

Verín - Viana - Monterirei

Montaña Ourensana

Este xeodestino de montaña é coñecido por ser porta de entrada á Galiza. Destácase polos seus impoñentes valores naturais máis tamén por ser custode dun patrimonio cultural de grande relevancia na provincia.

Aquí cultívanse os viños da D.O Monterrei arredor do val do río Támega. O monumental Castelo de Monterrei, de fundación medieval, da o nome á D.O. Hoxe en día o castelo funciona como Parador ofrecendo interesantes visitas turísticas. No concello de Oímbta consérvanse lagares rupestres de época medieval, visitables hoxe en día seguindo unha sinxela ruta de sendeirismo.

As persoas amantes da natureza, o sendeirismo e a montaña, atoparán aquí rutas perfectas para coñecer os vales glaciares do impresionante entorno de Vilariño de Conso, destacándose a ruta do "Castelo da Cerveira" entre outras. Ademáis, como boa zona de montaña, ofrece unha nutritiva, saborosa e saudable gastronomía elaborada con productos de primeira calidade.

Este destino é tamén lugar onde coidar da nosa saúde, xa que é coñecido por ser o lugar da Galiza onde se da a meirande concentración de augas minero-medicinais, estando entre os diferentes manaciais, os famosos Sousas e Cabreiroá.

En Verín – Viana – Monterrei entramos na Galiza pola porta grande.