Ribadavia gábase de ser a capital dos viños pertencentes á Denominación de Orixe Ribeiro. Ubicada nun emprazamento estratéxico, no centro do amplo val formado pola confluenza dos ríos Miño, Avia e Arnoia.
A relevancia histórica do territorio maniféstase na impoñente vila erguida nunha elevación sobre o río Avia. Dende as ruinas do castelo dos condes Sarmiento, no alto da vila, desprégnase as rúas do casco histórico coma un labirinto de granito. A súa historia escríbese nas pedras da antiga xudería, portadas de igrexas románicas, mosteiros de fundación medieval, antigos pazos e casas señoriais, salas do Museo Etnolóxico e do Museo Sefardí
No verán dous importantes festexos danse cita en Ribadavia; a famosa Mostra Internacional de Teatro e a ben coñecida Festa da Istoria
Anímaste a deixarte sorprender por esta impoñente vila medieval?


