GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

Celanova

O principal motivo para visitar Celanova, é o famoso Mosteiro de San Rosendo ou Mosteiro de San Salvador, fundado por San Rosendo no s.X. Hoxe en día o mosteiro preséntasenos coma unha obra renacentista e barroca aberta ao público para visitas culturais e perfectamente integrado na vida cotiá da vila. Dentro dos seus muros agárdanos un tesouro prerrománico; a Capela de San Miguel, relacionada ademáis con cultos de tempos moi antigos.

Celanova é coñecida hoxe en día por ser Vila Literaria, lugar de nacemento de afamados escritores en lingua galega como Manuel Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros. O Centro de Interpretación "Casa dos Poetas" mantén as súas portas abertas para os amantes das letras.

E despois de tanta cultura... agasállate un descanso nalgunha das terrazas da Praza Maior presidida polo maxestuoso mosteiro.