GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

Allariz.

Allariz

Allariz é un dos espellos nos que mirarse en canto á conservación e posta en valor do patrimonio cultural e natural.

Antiga e rica vila, berce de reis durante a época medieval, custodia de tesouros como "A Virxe Abrideira" gardada no Convento das Clarisas.

Acolle ao visitante con coidadas prazas, rúas e casas de arquitectura tradicional galega. Rúas antigas, hoxe en día con constante actividade grazas a unha variada oferta cultural, gastronómica, artesanal e comercial con presenza durante todo o ano. Conta, ademáis, cunha boa e variada rede de museos para completar a súa oferta cultural e de tempo libre.

Destaca tamén o paseo fluvial do río Arnoia, perfectamente integrado, onde está ubicado hoxe en día o Festival de Xardíns festexado anualmente.

En resumen... sobran os motivos para visitar esta famosa vila galega.