GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

A Limia

Dalle o seu nome a este xeodestino o paso do río Limia, fronteira fluvial con Portugal na zona sur coñecida como "Baixa Limia". Dos tempos dos antigos fica a lenda pola que se lle coñecía como "Río do Esquecemento", relato que nos leva a tempos nos que os primeiros lexionarios romanos adentrábanse no territorio coñecido como Gallaecia.

O paso do Limia definde unha grande chaira, hoxe en día potente zona agrícola, delimitada por catro torres defensivas de orixe medieval. Da desparecida Lagoa de Antela quédannos as lendas e algúns humedais e lagos que contan con espazos para a observación ornitolóxica. Na súa zona norte o antigo Mosteiro de Trandeiras ofrece unhas vistas panorámicas sobre este amplo territorio. Cara o lado sur agárdannos as máxicas fervenzas do río Fírveda, accesibeis seguindo unha esixente ruta de sendeirismo.

Partilla con Portugal o entorno natural do Parque da Baixa Limia Serra do Xurés formando a Reserva da Biosfera Transfroteiriza de Gerês – Xurés. Zona con salientabéis valores medioambientais, apta para coñecer a través de rutas de sendeirismo. Lugar tamén onde se ubica o famoso Couto Mixto, antigo territorio independente durante case 700 anos que conta cunha apaixoante historia.

A Limia é sobretodo coñecida pola celebración do seu entroido ao longo de diferentes festexos que se extenden por un mes, centradas na vila de Xinzo de Limia e protagonizadas pola persoaxe tradicional coñecida como "Pantalla".

Os amplos horizontes da Limia estan agardando por ti, atréveste a conectarte co "Río do Esquecemento"?