Este é un dos meirandes espazos naturais da Galiza, unha serra compartida con León e Asturias, incluída na Rede Natura 2000 e en tres Reservas da Biosfera: Río Eo, Oscos e Terras de Burón, Terras do Miño e Ancares Lucenses. Zona de paso tamén do Camiño de Santiago – Camiño Primitivo.
Un destino de montaña, ate fai pouco tempo de difícil acceso, preserva case intacta a arquitectura tradicional característica das pallozas, as brañas para a gandeiría, as alvarizas para o mel... Territorio de lobos, osos, gato montés, corzos... É tamén Zona de Especial Protección do Oso Pardo.
Hoxe en día diferentes centros de interpretación achégannos á riqueza etnográfica, paisaxística e natural destas montañas.
Destino imprescindible para os amantes da montaña e tamén para sendeiristas amantes da vida sinxela e da etnografía de montaña.



