GEMA SEARAGUÍAS CULTURAIS E TURÍSTICAS POLAS HISTORIAS DE GALICIA

EspañolGalegoEnglish

A Mariña

Neste xeodestino Galicia toca o Mar Cantábrico; horizontes abertos e interminabeis, augas nutritivas que sosteñen unha potente industria pesqueira, mar salvaxe que perfila unha costa de ensoño.

Dende a fermosa e indiana vila de Ribadeo, ate a medieval Viveiro, atopámonos con 300 km de costa protexida por potentes montes. Aquí créase unha micropaisaxe única na Galiza, ideal para os amantes da ornitoloxía xa que é unha zona de especial reserva de aves e zona de paso de múltiples aves migratorias. Entre os paraísos naturais; a famosa Praia das Catedrais ou o estuario do Eo, Reserva da Biosfera. O pouco desnivel desta costa fan dela un destino idóneo para percorrela en bicicleta ou camiñando.

Presume da súa tradición mariñeira e a mostra ao visitante a través de interesantes centros de interpretación como o Museo do Mar en Cervo ou o Barco Museo Bonitero "Reina del Carmen" en Burela. Ademáis o seu subsolo deu a materia prima para interesantes emprendementos ceramistas como a famosa fábrica de Sargadelos ou o Centro Expositivo Otero Regal en Viveiro.

No interior saliéntase a impresionante Serra do Xistral, envolta na néboa, a antiga e rica vila de Mondoñedo presumindo de Catedral e dunha rica historia nutrida polo paso do Camiño de Santiago – Camiño do Norte -, a vila de Lourenzá famosa polas súas fabas e a ruta gastronómica, as Covas do Rei Cintolo para os amantes da espeleoloxía...

Na Mariña o ceo é da cor da plata, o horizonte azul infinito e o chan verde vibrante.